Rei

Rei
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

É un lábrido de corpo elegante e cabeza cónica con boca grande armada de fortes dentes. A súa cor é característica da especie, con marcado dicromatismo sexual. Poden chegar a medir os 35 centímetros de lonxitude. Trátase dunha especie lonxeva que acada os 17 anos de idade. É unha especie litoral que se pode atopar entre os 2 e os 200 m de profundidade. É carnívoro, alimentándose de crustáceos, moluscos e peixes. Presente en todas as costas ibéricas.

Datos da especie

  • Código FAO: USI
  • Nome científico: Labrus mixtus (=L. Bimaculatus)
  • Nome galego: Rei
  • Nome castelán: Gallano
  • Grupo biolóxico: Peixes

Onde atopalo