Camarón de poza

Ilustrador/a: Elisabet García Aires
É un crustáceo decápodo macruro nadador, de pequeno tamaño, comestible e apreciado. Presente sobre todo en zonas de augas moi pouco profundas con fondos rochosos. Ten o rostro ancho e curto, con 7 a 9 dentes no borde dorsal e 3 no ventral. Cor transparente, con liñas negras, lonxitudinais no cacho e transversais no borde posterior de cada segmento abdominal, acompañadas de liñas descontinuas máis finas e claras; manchas azuis e amarelas nas articulacións. Ata 6 centímetros de lonxitude.
Datos da especie
- Código FAO: PNQ
- Nome científico: Palaemon elegans
- Nome galego: Camarón de poza
- Nome castelán: Camarón de poza
- Grupo biolóxico: Crustáceos