Breca

Breca

Posúe unha boca aguda que continúa nun corpo ovalado. A súa cor é rosa forte, tirando a vermella, máis prateada no ventre. É da familia dos espáridos como o sargo e a dourada. Reprodúcese normalmente na primavera, acadando a súa madurez sexual cando ten entre 1 e 2 anos. Chega aos 60 centímetros, aínda que o habitual é que mida entre 20 e 25.

Vive en zonas de coral, de rochas illadas e de fondos lamacentos entre os 30 e os 150 metros. Non é unha especie abundante, aparece mesturada con outras capturas realizadas con diferentes artes.

En cociña acepta os tratamentos clásicos, pero adoita a presentarse á grella, ocupando un digno lugar con outras especies. O forno é tamén un lugar moi axeitado para a breca. En xeral, admite calquera preparación que vai ben con outros peixes da súa familia.

Datos da especie

  • Código FAO: PAC
  • Nome científico: Pagellus erythrinus
  • Nome galego: Breca
  • Nome castelán: Breca
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo