Detalle producto

FacebookTwitter

Peixe porco

Peixe porco
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Peixe de corpo alto e comprimido, cos ollos próximos ao dorso, boca pequena con dentes grandes e afiados. Na aleta dorsal posúe unha protuberancia ósea que pode despregar de golpe no caso de sentirse ameazado. Vive sobre fondos rochosos entre os 10 e 100 metros de profundidade. Móvese en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de crustáceos, moluscos e equinodermos. Reprodúcese no verán e coloca a súa posta nun niño que escava. Distribúese desde o Mar do Norte ata Angola e tamén no Mediterráneo.</p> <p>Ten unha pel dura que é necesario retirar para preparalo. O seu sabor é delicioso e podemos preparalo ao forno, cun rustrido de tomate ou fritido con allo e perexil.</p>

Datos da especie

  • TRG
  • Nome científico: Balistes capriscus (= B. Carolinensis)
  • Nome galego: Peixe porco
  • Nome castelán: Pez ballesta
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Peixe porco
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados