Bonito alistado

Bonito alistado
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Escómbrido alongado e redondeado, desprovisto de escamas, con aletas pectorais curtas e non ten vexiga natatoria. A cor do dorso é azul escura. Os flancos e o ventre son prateados con bandas lonxitudinais escuras. O tamaño máximo é de 100 centímetros. Trátase dunha especie peláxica, nadadora activa, que prefire augas oceánicas e profundas. No verán achégase á costa. Forma bancos e realiza migracións. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos. Habita augas tropicais e subtropicais. No Atlántico oriental localízase desde as costas francesas cara ao sur.

Datos da especie

  • Código FAO: SKJ
  • Nome científico: Katsuwonus pelamis
  • Nome galego: Bonito alistado
  • Nome castelán: Listado o Bonito de vientre rayado
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal