Puntilla pequena

Puntilla pequena
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Cefalópodo comestible, moi apreciado e de grande interese comercial. Manto longo e estreito coa parte posterior en forma de frecha formando unha cola que nunca pasa dos 6 centímetros de lonxitude. Nos animais frescos, os tentáculos estendidos e repregados alcanzan a parte posterior do manto e o superan 1 ou 2 veces. A maza tentacular ten 4 ringleiras transversais de ventosas. Trátase dunha especie nerítica e demersal. Vive dende a superficie ata os 350 m de profundidade, aparecendo en fondos areosos, lamacentos e de cascallo. É común no Atlántico, dende Noruega ata Mauritania, e no Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: OUM
  • Nome científico: Alloteuthis media
  • Nome galego: Puntilla pequena
  • Nome castelán: Calamarín menor
  • Grupo biolóxico: Cefalópodos

Onde atopalo