Fucus

Fucus
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo de ata 60 centímetros, de cor parda escura ou olivácea, de consistencia coriácea. Fíxase mediante un disco do que parte unha lámina dividida dicotomicamente en cintas cun nervio medio prominente que presentan aerocistes (vesículas) ovais aos lados do nervio medio e nos ápices os receptáculos alongados. Forma unha cintura de vexetación ben definida no litoral medio de costas protexidas. Cando se atopa nunha zona algo exposta está menos desenvolvida e carece de aerocistes. Usada como abono e na alimentación animal e humana. Empregada como laxante, contra a obesidade, bocio. Emprégase como bioindicador de contaminación e ten propiedades antibióticas e antifúnxicas.

Datos da especie

  • Código FAO: FUV
  • Nome científico: Fucus vesiculosus
  • Nome galego: Fucus
  • Nome castelán: Fucus
  • Grupo biolóxico: Algas

Onde atopalo