Carromeiro

Carromeiro
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo formando matas de ata 30 centímetros. de cor vermella escura e consistencia ríxida, cartilaxinosa. Fíxase mediante filamentos rastreiros dos que parten eixos que se ramifican irregularmente na metade inferior e parte superior son tripinnados. Aparece no infralitoral e litoral inferior de costas expostas. Utilízase como materia prima para a obtención de agar. Usada no tratamento de catarros, úlceras e trastornos estomacais.

Datos da especie

  • Código FAO: GEL
  • Nome científico: Gelidium spp
  • Nome galego: Carromeiro
  • Nome castelán: Gelidios
  • Grupo biolóxico: Algas

Onde atopalo