Sargassum muticum

Sargassum muticum
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Alga parda que pode alcanzar os 4 m de lonxitude, fixada ao substrato por un disco basal de ata 1,5 centímetros de anchura do que parte un eixo que se ramifica de xeito alterno na parte superior, colocándose as ramas a modo de espiral das que crecen outras ramas con forma de folla. Presenta vesículas aéreas con pedúnculos cortos de 3 mm de diámetro, máis abundantes na parte basal. Os receptáculos son dioicos, pedunculados e cilíndricos, non ramificados. Alga de cor parda verdosa. Atópase no intermareal, en pozas, fixada ás rochas e sublitoral, en zonas calmadas. Distribúese dende Noruega ao Mediterráneo, costa NO de América e Xapón.

Datos da especie

  • Código FAO: Z26
  • Nome científico: Sargassum muticum
  • Nome galego: Sargassum muticum
  • Nome castelán: Sargassum muticum
  • Grupo biolóxico: Algas

Onde atopalo