Detalle producto
Mastocarpus stellatus
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Talo de ata 15 centímetros, de cor vermella escura e consistencia cartilaxinosa. Fíxase mediante un disco basal do que parten estipes cilíndricos que se ensanchan dando lugar a unha lámina acanalada. A fronde divídese irregularmente de xeito dicotómico. Forma unha cintura de vexetación ben definida no litoral medio de costas semiexpostas. Utilizada industrialmente para a obtención de carraxén. Ten propiedades antibacterianas e abranda a tos.</p>
Datos da especie
- MVT
- Nome científico: Mastocarpus stellatus
- Nome galego: Mastocarpus stellatus
- Nome castelán: Mastocarpus stellatus
- Grupo biolóxico: Algas
Onde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados