Dilsea carnosa

Dilsea carnosa
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo laminar, groso e opaco de ata 30 centímetros. Cor vermella escura ou tella, de consistencia carnosa. Fíxase mediante un disco do que parten numerosos estipes cilíndicos cortos que se ensanchan en láminas. Aparece no infralitoral e pozas do litoral inferior de costas expostas ou semiexpostas. Tinturas obtidas dela eran empregadas polas mulleres da Grecia e Roma clásicas.

Datos da especie

  • Código FAO: Z14
  • Nome científico: Dilsea carnosa
  • Nome galego: Dilsea carnosa
  • Nome castelán: Dilsea carnosa
  • Grupo biolóxico: Algas

Onde atopalo