Detalle producto

FacebookTwitter

Muxos

Muxos
<p>Os muxos teñen o corpo alongado de cor gris prateada. A boca é pequena con anchos beizos. Posúe poderosas escamas e chega a ter tamaños considerables, sendo habitual que acaden os 60 centímetros. Amosan escasas variacións entre as diferentes especies.</p> <p>Son especies moi abundantes, comúns e accesibles. Son frecuentes en augas dos portos, pero os que atopamos no mercado proceden de augas abertas, batidas e limpas, sempre pouco profundas. Captúranse con cerco, trasmallos, betas e anzol.</p> <p>É un peixe de óptima calidade e sabor extraordinario. Pode prepararse con tomate ao forno, tipo caldeirada, ou tamén fritidos; e como aceptan un escabeche, pódense desfrutar durante varios días. Probe tamén a preparalos guisados ou en salpicón ou en tomate o mesmo que o bonito.</p>

Datos da especie

  • MGS
  • Nome científico: Mugil spp
  • Nome galego: Muxos
  • Nome castelán: Múgiles
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Muxos
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados