Detalle producto

FacebookTwitter

Lapa común

Lapa común
<p>As lapas teñen a cuncha cónica, sen revirar, moi similar a un sombreiro chinés, e sucada por unhas costelas. Viven fortemente adheridas ás rochas, xa que o pé fai efecto ventosa. A súa cor é gris tirando a amarelenta por fóra e amarela brillante por dentro. Aliméntanse de algas.</p> <p>É un recurso moi abundante aínda que polo momento pouco explotado. Algunha confraría xa conta con plan específico para a súa explotación pero na maioría dos casos intégrase nos plans de marisqueo a pé como recurso complementario cando está pechada a extracción doutras especies. Captúrase separándoas das pedras cunha navalla ou cunha rasqueta. </p> <p>Ten escasa presenza na nosa cociña, fronte ao recoñecemento que se lle dá noutros países do Atlántico europeo, pero comeza a ser máis utilizada. Para introducirse no seu mundo, o mellor é cocelas con sal e loureiro e degustalas. Ollo! É unha carne dura e vaille moi ben unha conxelación previa e non pasarse na cocedura. En Camariñas cómense con arroz e teñen un sabor moi agradable.</p>

Datos da especie

  • QTV
  • Nome científico: Patella vulgata
  • Nome galego: Lapa común
  • Nome castelán: Lapa
  • Grupo biolóxico: Gasterópodos
Receitas de Lapa común
As lapas e a peneira, mediranse pola lonxitude do seu eixe maior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados