Zamburiña

Zamburiña

Diferénciase da volandeira en que é máis ovalada e en que a cuncha ten máis raios e estes son máis mestos. Ademais as "orellas" son máis desiguais. A súa cor é violácea escura e non supera, normalmente, os seis centímetros de longo.

Vive na costa ata os 80 metros de profundidade. É moi escasa e aliméntase de plancto. As modalidades de pesca son semellantes ás empregadas coa vieira e a volandeira: rastro de vieira e bou de bara. É moito menos abundante que a volandeira.

Na cociña préstase ás mesmas solucións ca esta. A súa carne é mesmo máis valorada ca a da vieira. Prepárea ao forno, en empanada ou nunha conserva caseira.

Datos da especie

  • Código FAO: VSC
  • Nome científico: Chlamys varia
  • Nome galego: Zamburiña
  • Nome castelán: Zamburiña
  • Grupo biolóxico: Bivalvos

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo