Detalle producto

FacebookTwitter

Lagosta

Lagosta
<p>A lagosta ten un corpo moi robusto, de cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e ten unhas antenas moi desenvolvidas.</p> <p>Habita en fondos rochosos. Tarda entre catro e cinco anos en acadar a madurez sexual, cando ten un talle de 20 centímetros. As capturas realízanse de xeito artesanal con nasas especiais ou aparecen entre as capturas en artes de enmalle. A veda, normalmente entre setembro e decembro, establécese anualmente.</p> <p>Esta é unha das especies máis cobizadas do noso mar. Simplemente cocida acompañada cun prebe ¿maionesa, tártara...¿, en salpicón como actor principal ou á prancha... Non necesita moito máis para gozar de todo un luxo.</p>

Datos da especie

  • SLO
  • Nome científico: Palinurus elephas
  • Nome galego: Lagosta
  • Nome castelán: Langosta
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Lagosta
O tamaño da langosta medirase pola lonxitude do cefalotórax (LCT), medido desde a punta do rostrum ata o punto medio do borde posterior do cefalotórax

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados