Saboga

Saboga

Peixe de corpo alongado e pouco comprimido, coa boca pequena e uns dentes fortes. A cor do seu corpo pode variar entre agrisada, azulada ou prateada, cunhas liñas douradas que van desde a boca ata a aleta caudal. Pode chegar a medir 45 centímetros, pero a súa lonxitude normal é de 30 centímetros. Reprodúcese entre os meses de agosto a outubro.

Vive en fondos de rochas e algas, desde a beiramar ata os 15 metros de profundidade, formando grandes bancos. A saboga é unha especie pouco coñecida. As súas escasas capturas realízanse con artes de cerco.

A saboga é un peixe que non resulta doado atopar nos nosos mercados e, polo tanto, nas nosas cociñas. Noutras latitudes (Italia) ásana á grella despois de botarlle un adobo moi intenso.

Datos da especie

  • Código FAO: SLM
  • Nome científico: Sarpa salpa
  • Nome galego: Saboga
  • Nome castelán: Salema
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo