Detalle producto

FacebookTwitter

Fodón

Fodón
<p>É similar á faneca, pero diferénciase desta no seu corpo, que é máis alongado e non presenta a mancha negra na base da aleta peitoral. Ao igual ca a faneca, posúe unha barbicha na queixada inferior, que é, pola súa vez, máis pequena ca a superior. Presenta, así mesmo, unha liña lateral menos curvada ca a da faneca. A cor do dorso é marrón, cos costados máis claros e co ventre prateado. Pode acadar os 26 centímetros, pero raramente pasa dos 20. A súa reprodución realízase de febreiro a maio.</p> <p>Aínda que se pode atopar no mesmo ambiente ca a faneca, son máis oceánicas ca estas, chegando aos 300 metros de profundidade. Captúrase con trasmallo, liña e volanta durante todo o ano</p> <p>Non só se capturan xunto coa faneca, senón que, na cociña, ten as mesmas solucións. Resulta máis saboroso e delicado ben frito, tanto que os máis entendidos chegan a preferilo á propia faneca.</p>

Datos da especie

  • POD
  • Nome científico: Trisopterus minutus
  • Nome galego: Fodón
  • Nome castelán: Capellán
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Fodón
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados