Cigala

Cigala

Ten un corpo alongado de ton rosado con zonas de coloración máis extensa. A cabeza é longa, con espiñas laterais e pinzas moi desenvolvidas.

Vive en fondos brandos, de 50 a 700 metros de profundidade, segundo a temperatura. De día agóchase entre os accidentes do fondo mariño e sae comer polas noites.

Cocidas ou á prancha é a maneira habitual de preparalas. Hai quen as acompaña de maionesa, pero os bos entendidos opinan que, sendo fresca, hai que evitar todo disfrace. Próbeas tamén en salpicón con aceite e vinagre; e para as máis fresquiñas, unha pinga de aceite, sal... e á tixola!

Datos da especie

  • Código FAO: NEP
  • Nome científico: Nephrops norvegicus
  • Nome galego: Cigala
  • Nome castelán: Cigala
  • Grupo biolóxico: Crustáceos

Forma de medición: O tamaño da cigala medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas atao o borde distal do cefalotórax (LCT), ou desde a punta do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT). As colas das cigalas, soltas mediranse a partir do borde anterior do primeiro segmento da cola ata o extremo posterior do telson excluíndo as setae. A medición efectuarase ao longo e sen estirar (LC)

Onde atopalo