Lirpia raiada

Lirpia raiada
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Peixe plano, ovalado, de pequeno tamaño, cos ollos no lado dereito. De cor marrón vermella, con bandas transversais máis escuras, que acaban en rechamantes manchas negras nas aletas dorsal e anal. Pode chegar a medir 20 centímetros de lonxitude.

Datos da especie

  • Código FAO: MKG
  • Nome científico: Microchirus variegatus
  • Nome galego: Lirpia raiada
  • Nome castelán: Golleta
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal