Detalle producto

FacebookTwitter

Lumbrigante

Lumbrigante
<p>Presenta o lumbrigante un corpo robusto de cor azul escura xaspeada que remata en dúas potentes pinzas de desigual tamaño: úsaas como instrumento de suxeición e para atacar e esgazar as presas, a xeito de tesoira. Nas pinzas presenta uns dentes finos e serrados e ten sete aneis no abdome. O seu crecemento é especialmente lento, o que obriga a sermos moi rigorosos cos talles e vedas para previr o seu esgotamento.</p> <p>Vive en zonas rochosas ou penedosas, en profundidades de menos de 40 metros. Captúrase con nasas especiais e ocasionalmente ao trasmallo, miños e tamén nas raeiras. O período de veda establécese anualmente, normalmente é entre marzo e xullo.</p> <p>Cocido e servido con mollos á elección, é a forma máis habitual de preparalo. Se quere coñecer o seu sabor en estado puro, próbeo sen aliños que o tapen e sorprenderase. Está moi de moda, traído das Illas Baleares, facer un arroz con el, cun toque de picante. Á prancha dá o tipo como prato principal e completo, sen máis.</p>

Datos da especie

  • LBE
  • Nome científico: Homarus gammarus
  • Nome galego: Lumbrigante
  • Nome castelán: Bogavante europeo
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Lumbrigante
O tamaño do lubrigante medirase paralelamente á liña mediana a partir da parte posterior dunha das órbitas ata o borde posterior do cefalotórax (LCT)

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación