Bertorella de rocha

Bertorella de rocha
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Trátase dun gádido que alcanza unha lonxitude máxima de 60 centímetros, pero non é frecuente que supere os 25 centímetros. Vive en fondos de rocha, area e lama ata unha profundidade de 200 m. Aliméntase de peixes e invertebrados. Reprodúcese no inverno e principios da primavera. Distribúese no Atlántico nororiental, dende o Golfo de Biscaia a Mauritania e no Mediterráneo. Captúrase con trasmallos.

Datos da especie

  • Código FAO: FOR
  • Nome científico: Phycis phycis
  • Nome galego: Bertorella de rocha
  • Nome castelán: Brótola de roca
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal