Detalle producto

FacebookTwitter

Navalla

Navalla
<p>Teñen unha superficie brillante que semella vernizada. As valvas son alongadas, cunha cuncha arqueada moi característica (en forma de navalla) que as diferencia do longueirón, co que, non obstante, comparten unha coloración similar.</p> <p>Viven soterradas na area, na zona infralitoral. Captúrase normalmente mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie. Tamén faise a súa extracción a pé en algunhas zonas, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos. </p> <p>Simplemente abertas á prancha cunhas pingas de limón abonda para degustar a súa carne saborosa e consistente. Coma outros moluscos, admite mollos suaves, e é moi recomendable un pequeno baño de aceite de oliva, allo e perexil.</p>

Datos da especie

  • EQK
  • Nome científico: Ensis magnus (=arcuatus)
  • Nome galego: Navalla
  • Nome castelán: Navaja
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Navalla
100 mm

Tamaño mínimo: 100 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación