Reló

Reló

Contorno case circular con valvas grosas, co interior branco, e o exterior habitualmente claro, cunhas pequenas bandas en zigzag moi vistosos. Ten unhas estrías gordas e concéntricas.

Case a totalidade das capturas realízase a flote con rastro, desde pequenas embarcacións pesqueiras. Tamén con sacho na beiramar, pois abunda relativamente en certas zonas accesibles coa marea baixa.

É un bivalvo bastante frecuente nos mercados e de prezo moi accesible. Son algo máis duros cas ameixas, aínda que á mariñeira están bos e tamén valen como acompañantes dun pescado. Utilízanse en conservas. Danlle unha excelente "substancia" a pastas e arroces.

Datos da especie

  • Código FAO: DSX
  • Nome científico: Dosinia exoleta
  • Nome galego: Reló
  • Nome castelán: Reloj
  • Grupo biolóxico: Bivalvos

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo