Detalle producto

FacebookTwitter

Cangrexo común

Cangrexo común
<p>O cangrexo común ten unha cuncha hexagonal de cor parda, verde oliva ou verde escura na parte superior e verde tirando a amarela na parte inferior. Posúe cinco pares de patas todas afiadas, a diferenza das nécoras, e o primeiro par remata en dúas poderosas pinzas. É moi vivaz e conserva fóra da auga ¿incluso durante varios días¿ toda a súa enerxía.</p> <p>Habita as zonas próximas á costa en fondos de area, preferindo a presenza de algas, e pode atoparse tamén en zonas de esteiros de menor salinidade. É abundante, pero fanse escasas capturas por non ter moita saída comercial en Galicia. Captúrase como especie acompañante a outras.</p> <p>Ten pouca presenza nos fogóns da nosa cociña, pero é un recurso que hai que ter en conta, se non como prato principal, si como magnífico complemento en sopas e arroces. Non obstante, cando está en comida, a carne que se agocha no seu cacho será unha agradable sorpresa.</p>

Datos da especie

  • CRG
  • Nome científico: Carcinus maenas
  • Nome galego: Cangrexo común
  • Nome castelán: Cangrejo verde
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Cangrexo común
Os braquiuros excepto o boi e a centola, mediranse atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT), sobre a liña mediana que vai desde o espazo interorbital ata o borde posterior do cefalotórax

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados