Doncela

Doncela

Peixe cun aspecto moi característico de boca fina e corpo alongado e vivas cores. A cor é variable: dorso marrón e ventre dourado claro, cunha liña lateral branca e unha mancha azul no opérculo en machos novos e femias.; e castaña ou verde, cunha banda lateral alaranxada, que vai dende a cabeza ata a cola ou en zigzag, unha mancha azulada na parte anterior do corpo e outra azul no opérculo dos machos. Pode chegar a medir ata 30 centímetros.

É un peixe gregario que forma pequenos grupos que viven en zonas de pedra e algas. Captúrase con pouca frecuencia ao trasmallo. Tamén con liña e anzois pequenos, adaptados ao tamaño da boca.

O seu sabor é delicado e a textura moi agradable. Dependendo do tamaño admitirá varias solucións: Os pequenos en fritadas ou á grella e os máis grandes poden ir en caldeirada, na que se pode combinar con outros peixes como abadexo, maragota, sanmartiño ...

Datos da especie

  • Código FAO: COU
  • Nome científico: Coris julis
  • Nome galego: Doncela
  • Nome castelán: Julia
  • Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal