Detalle producto

FacebookTwitter

Acedía

Acedía
<p>Ten o corpo amarelado pola cara onde leva os ollos. Outra característica para distinguir esta especie son os pequenos puntos negros que se lle ven no dorso.</p> <p>As acedías, moi comúns no litoral galego, captúranse principalmente con trasmallos e tamén con rascos, con miños e incluso ao cerco (cando se traballa en fondos de area).</p> <p>É un peixe delicioso, de sabor delicado e fácil de desespiñar no prato. Se o preparase á prancha, gozaría dun menú de gran sabor. Fritido é un substituto perfecto do linguado, que é un peixe máis caro. Admite calquera outra preparación pensada para peixes planos.</p>

Datos da especie

  • CET
  • Nome científico: Dicologlossa cuneata
  • Nome galego: Acedía
  • Nome castelán: Acedía
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Acedía
15 cm

Tamaño mínimo: 15 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados