Serrán cabra

Ilustrador/a: Elisabet García Aires
Presenta o corpo alongado con pedúnculo caudal marcado e cola lixeiramente aforquillada. A boca é grande e con dentes de pequeno tamaño. Ollos grandes. Opérculo con 3 espiñas planas. A súa cor é característica con 7 a 9 raias marróns transversais. Raramente supera os 25 centímetros de lonxitude. É propio de fondos rochosos litorais. Aliméntase de outros peixes, crustáceos, moluscos e poliquetos. Común en todo o litoral ibérico.
Datos da especie
- Código FAO: CBR
- Nome científico: Serranus cabrilla
- Nome galego: Serrán cabra
- Nome castelán: Cabrilla
- Grupo biolóxico: Peixes

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalo
-
Lonxas e centros de primeira venta autorizados