Detalle producto

FacebookTwitter

Boga

Boga
<p>Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada a súa madurez sexual ao redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e os 20 centímetros.</p> <p>Forma grandes cardumes desde a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas. Péscase habitualmente ao trasmallo, tamén ao cerco e, ocasionalmente, con betas. Dispoñible todo o ano.</p> <p>Inxustamente desprezada no norte de Galicia, a boga é un peixe de prezo moi accesible que se pode comer fritido ou grellado á brasa coma as sardiñas, tal e como fan no Morrazo. Próbeo sen prexuízos, preferiblemente nos meses de verán. Tradición das aldeas de Fisterra é combinala en caldeirada con xurelo e xarda.</p>

Datos da especie

  • BOG
  • Nome científico: Boops boops
  • Nome galego: Boga
  • Nome castelán: Boga
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Boga
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados