Detalle producto

FacebookTwitter

Volandeira

Volandeira
<p>O seu nome débese ao peculiar xeito de "voar" por debaixo da auga. Ten dúas valvas cóncavas con "orellas" de desigual tamaño e asimétricas. A súa tonalidade no dorso pode ser parda rosada en xeral, aínda que tamén pode ser rubia, alaranxada etc. Non se debe confundir coa vieira pequena nin coa zamburiña, pois son especies distintas.</p> <p>Para a captura desta especie utilízanse artes específicas adaptadas á súa forma de vida, como son o bou de vara e o rastro da vieira. Normalmente aparece nos mercados ao mesmo tempo que a vieira, de novembro a marzo. </p> <p>Ó igual cá vieira, pódese facer ó forno, cociñada de xeito que se respecte o seu sabor, ou incluso á prancha para que se abran ó natural. Próbeas tamén en empanada, fritidas ou rebozadas. Son moi utilizadas nas conservas e é habitual vendelas conxeladas.</p>

Datos da especie

  • QSC
  • Nome científico: Aequipecten opercularis
  • Nome galego: Volandeira
  • Nome castelán: Volandeira
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Volandeira
40 mm

Tamaño mínimo: 40 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación