Detalle producto
Vieira
<p>Posúe dúas valvas, unha delas cóncava (a inferior ou dereita) e a outra plana, con "orellas" simétricas e do mesmo tamaño. A súa cor é máis clara na parte cóncava. É distinta da volandeira e da zamburiña que, entre outras diferenzas, non teñen "orellas" simétricas. É hermafrodita: a zona gonadal ten dúas partes, unha alaranxada feminina e outra abrancazada, que é a masculina.</p>
<p>As vieiras captúranse co aparello chamado rastro da vieira. A súa extracción está moi controlada xa que debe de ser eviscerada por empresas autorizadas trala súa depuración, soamente se permiten capturas durante breves períodos ao ano, normalmente de novembro a marzo. Pódese atopar fresca durante os períodos nos que se autoriza a súa extracción ou conxelada todo o ano. </p>
<p>É unha das estrelas da nosa gastronomía. Foi maltratada con rustridos cargados de sabor, cando a vieira non os necesita para se valer. Cunha leve capa de pan relado e ao forno, rebozadas e fritas, ou en empanada... un manxar!.</p>
Datos da especie
- SCE
- Nome científico: Pecten maximus
- Nome galego: Vieira
- Nome castelán: Vieira
- Grupo biolóxico: Bivalvos
Tamaño mínimo: 100 mm
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposteriorOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Barallobre
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Ferrol