Longueirón vello

Ten unhas valvas alongadas, brillantes e rectas. Diferénciase do longueirón en que os seus extremos están máis curvados e inclinados e son máis curtos ca os daquel, e tamén porque son máis brillantes que as do longueirón.
Vive en fondos areosos e lamacentos no interior das rías. É unha especie propia da zona infralitoral. Captúrase, como os outros solénidos, mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie ou a pé, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos.
A súa carne é un pouco máis fibrosa ca a do longueirón, aínda que igualmente saborosa. Permite abrilo á prancha ou cubrilo cun prebe ao gusto do consumidor. Tamén podémolo preparar guisado ou en empanada.
Datos da especie
- Código FAO: RAE
- Nome científico: Solen marginatus
- Nome galego: Longueirón vello
- Nome castelán: Longueirón
- Grupo biolóxico: Bivalvos

Tamaño mínimo: 80 mm
Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior
Onde atopalo
-
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
-
Centros de depuración / expedición e cetáreas
-
Empresas de transformación