Detalle producto

FacebookTwitter

Longueirón

Longueirón
<p>As súa valvas son rectas e alongadas, o cal o diferencia da navalla, que é lixeiramente curva. Nótase moito a liña de crecemento e presenta dúas zonas diferentes en canto á cor, separadas por unha diagonal: unha zona de liñas horizontais marróns ou alaranxadas e outra de liñas verticais.</p> <p>Vive en fondos areosos, tanto dentro coma fóra das rías. É unha especie moi abundante en Galicia. A súa extracción regúlase mediante plans de explotación específicos para solénidos e faise mediante a técnica de mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie, capturando os individuos de un en un coa man. Tamén se realizan algunhas extraccións mediante o marisqueo a pé, utilizando sal para estimular a saída dos individuos da area.</p> <p>Ao igual ca a navalla, abertos á prancha, con limón, cubertos dun chorro de aceite, allo e perexil, resultan exquisitos. Pode probar tamén a facer conserva na casa.</p>

Datos da especie

  • EQI
  • Nome científico: Ensis siliqua
  • Nome galego: Longueirón
  • Nome castelán: Muergo
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Longueirón
100 mm

Tamaño mínimo: 100 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo