Carneiro

Carneiro

O carneiro ten as valvas grosas, de forma case circular, moi marcadas e formando surcos pronunciados. A cor é, polo xeral, parda.

Habita en fondos de area algo lamacentos.

Captúrase con artes de marisqueo a flote, normalmente acompañando a outras especies como a ameixa babosa.

Pódese tomar cru ou aberto na prancha aliñado con limón, pero tamén cun arroz con leves aromas mariñeiros ou, nunha versión un pouco máis moderna, en ensalada cun bo aliño.

Datos da especie

  • Código FAO: VEV
  • Nome científico: Venus verrucosa
  • Nome galego: Carneiro
  • Nome castelán: Escupiña grabada
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
40 mm

Tamaño mínimo: 40 mm

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior