Rodaballo

Rodaballo

O rodaballo ten o corpo plano, en forma de rombo, asimétrico e case circular. Está cuberto por vultiños duros, pero sen escamas. A súa boca é grande. Mimetízase co contorno, é dicir, cambia de cor adaptándose ao lugar onde se atope. Xeralmente é de cor castaña agrisada, con numerosas manchas e coa parte cega abrancazada. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto e pode chegar a medir ata un metro.

Habita fondos mariños areosos, sen apenas moverse, desde a costa ata os 100 metros. As capturas realízanse ao trasmallo ou ao palangre de fondo. Máis abundante durante os meses da primavera.

O rodaballo é un gran protagonista na cociña da nosa terra: ao forno, en caldeirada, á prancha ou simplemente fritido; a súa carne e a textura da súa pel puxeron esta especie na liña dos máis valorados. Pódense obter uns filetes grandes e carnosos, aptos para calquera solución.

Datos da especie

  • Código FAO: TUR
  • Nome científico: Psetta maxima
  • Nome galego: Rodaballo
  • Nome castelán: Rodaballo
  • Grupo biolóxico: Peixes
30 cm

Tamaño mínimo: 30 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal