Detalle producto

FacebookTwitter

Peixe sapo

Peixe sapo
<p>Ten a cabeza grande, ampla e aplanada, e o corpo de forma cónica. A boca, provista de abundantes dentes, é enorme, case tan ancha coma a cabeza. Os beizos son carnosos e a queixada inferior sobresae por diante da superior. Non ten escamas; é de cor apardazada-vermella ou parda-verdosa, con manchas escuras. Para diferencialo da xuliana mire a cor da membrana que recobre o estómago: negra no peixe sapo e branca na xuliana. Reprodúcese a finais da primavera.</p> <p>É o peixe máis cotizado da súa familia. Vive en fondos lamacentos e de area, entre 20 e 500 metros de profundidade. De xeito artesanal, pode ser capturado con trasmallos, palangres e rascos.</p> <p>Probe a preparalo cunha salsa verde, con ameixas, guisado, fritido, en salpicón, á grella, en pastel, en caldeirada ou simplemente cocido, acompañado dun rustrido ou da tradicional allada, incluso cun mollo de ourizos. Respecte o seu sabor e sempre lle dará un prato delicioso en xusta correspondencia.</p>

Datos da especie

  • ANK
  • Nome científico: Lophius budegassa
  • Nome galego: Peixe sapo
  • Nome castelán: Rape negro
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Peixe sapo
30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)

Tamaño mínimo: 30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiros e eviscerados ou sen cabeza

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados