Ameixa rubia

Ameixa rubia

O seu nome provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. Posúe unha cuncha cuberta por liñas algo máis brillantes, que van paralelas ao bordo exterior dun ton máis pálido ca a súa propia cor. Semella estar pulida.

A maior parte das capturas realízanse dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos. Tamén está permitida a súa extracción con endeño remolcado cunhas medidas reguladas, sempre que se utilice a profundidades superiores aos 15 metros.

Polo seu intenso sabor, esta ameixa adáptase para a súa utilización en guisos con outros peixes, ou soa, con salsas como á mariñeira, en guiso con espaguetes ou fabas... É un tipo de ameixa moi usado en conservas. Ollo! hai que darlle o punto: non por cocela máis estará menos dura, senón todo o contrario.

Datos da especie

  • Código FAO: VNR
  • Nome científico: Venerupis rhomboides
  • Nome galego: Ameixa rubia
  • Nome castelán: Almeja rubia o roja
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
40 mm

Tamaño mínimo: 40 mm

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior