Detalle producto

FacebookTwitter

Ollomol

Ollomol
<p>Peixe de corpo ovalado, co perfil superior da cabeza curvado. O fociño é curto e chato e os ollos grandes e de cor rosácea, igual ca o dorso, mentres que o ventre e os flancos son prateados. Posúe unha mancha negra no inicio da liña lateral, que nos ollomoles pequenos (panchiños) non se atopa. Poden chegar a medir 35 centímetros. Reprodúcense a finais do verán e presenta unha inversión sexual cando alcanza certa idade.</p> <p>Viven en fondos de lama e cascallo, preto dos cantís rochosos. Os pequenos atópanse en augas pouco profundas (40 metros) mentres que os máis grandes chegan aos 300 metros. É unha especie moi cotizada, a meirande parte das capturas realízanse con palangre e liña. </p> <p>É un dos peixes máis apreciados na nosa terra. Incluso forma parte de moitos menús típicos do Nadal. Pode preparalo dun xeito habitual pero eficaz: ao forno, con cebolas cortadas en xuliana, un pouco de viño e un pouco de limón... sen esquecer as patacas. Terá un prato sinxelo e exquisito. Os pequenos poden fritirse ou darlles calquera tratamento de peixe miúdo. Outra alternativa é á prancha, con sal, aceite e limón, botándolle, antes de servilo, un rustrido feito ao gusto de cadaquén.</p>

Datos da especie

  • SBR
  • Nome científico: Pagellus bogaraveo
  • Nome galego: Ollomol
  • Nome castelán: Besugo
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Ollomol
33 cm

Tamaño mínimo: 33 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados