Ameixa bicuda

Ameixa bicuda

A bicuda é un molusco bivalvo con forma similar á ameixa fina. Ten unha cor entre abrancazada e amarelada que, con frecuencia, presenta manchas. As súas costelas apenas se aprecian. Normalmente é de menor tamaño ca a ameixa fina e babosa.

Recóllese principalmente dende pequenas embarcacións con raños, aínda que tamén está autorizada a súa extracción mediante marisqueo a pé. A maior parte das capturas realízanse na Ría de Arousa.

As formas de preparar a bicuda son as mesmas ca as das ameixas, é dicir, cun mollo, que pode ser verde ou mariñeiro; acompañando guisos de peixe; con fideos, espaguete ou fabas; ou, simplemente, abertas á prancha.

Datos da especie

  • Código FAO: VNA
  • Nome científico: Venerupis aurea
  • Nome galego: Ameixa bicuda
  • Nome castelán: Almeja dorada
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
25 mm

Tamaño mínimo: 25 mm

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior