Leituga de mar

Leituga de mar
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

De cor verde escura e brillante, de consistencia firme, incluso cartilaxinosa, o que fai que se manteña ben fora da auga. Os exemplares expostos ás ondas son pequenos e rizados, os das zonas protexidas son máis grandes, lobulados ou cintados. Vive sobre rochas ou epífita, no litoral e infralitoral de todo tipo de costas, aínda que é máis abundante nas protexidas. Empregada como abono e en alimentación animal e humana. Empregada como astrinxente, antihelmíntica, contra a gota, tratamento de queimaduras. É bioindicadora da contaminación de orixe orgánica.

Datos da especie

  • Código FAO: SWG
  • Nome científico: Chlorophyceae
  • Nome galego: Leituga de mar
  • Nome castelán: Lechuga de mar
  • Grupo biolóxico: Algas

Onde atopalo