Congro

Congro

O congro ten o corpo alongado e cilíndrico, cun ton azulado. A súa boca é impresionante. Non ten escamas e pode chegar a medir tres metros e superar os 50 quilos de peso. Vive sobre fondos de rochas nas nosas costas e é un gran depredador do polbo. Reprodúcese no verán, podendo chegar a poñer de 3 a 8 millóns de ovos.

Vive, sobre todo, en fondos de rochas con gretas, nas que se agocha. É un peixe típico da nosa pesca de baixura. Captúrase fundamentalmente con palangre e liña, con tamaños de anzol específicos.

O congro fresco é un peixe de sabor extraordinario que se corresponde co seu hábitat e alimentación. Hai que aproveitar a metade dianteira do congro grande para guisos, en salsa verde, en caldeirada, empanada (exquisita!), ... A parte posterior, moi espiñenta, é adecuada para guisos, sopas, etc., aos que lles dá un sabor moi peculiar.

Datos da especie

  • Código FAO: COE
  • Nome científico: Conger conger
  • Nome galego: Congro
  • Nome castelán: Congrio
  • Grupo biolóxico: Peixes
58 cm

Tamaño mínimo: 58 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal