Vostede está aquí

pescadeRías de onde se non? na feira EXPOMAR de Burela

Publicado o xoves, 23 Maio 2013 09:40
pescadeRías de onde se non? na feira EXPOMAR de Burela

Burela, 23 ao 26 de maio 2013. A XV edición da Feira Expomar celebrouse dende o 23 ata o 26 de maio de 2013, en Burela (Lugo), dando cabida a destacadas empresas e profesionais do sector naútico-pesqueiro.

Tras catorce edicións, Expomar constitúe un referente en toda a Cornixa Cantábrica e norte de Portugal para os/as profesionais do mar. A Consellería do Medio Rural e do Mar estivo presente cun stand de 110 metros cadrados, que deu cabida a diversas iniciativas empresariais do sector e no que ademais se informou aos visitantes sobre diferentes campañas de promoción dos produtos pesqueiros, entre elas a marca de calidade da pesca artesanal e do marisqueo, pescadeRías, da que se presentou unha completa gama de produtos frescos certificados na marca, incluíndo o novo sistema de etiquetado individual de peixes.

Compartir en redes sociais