Vostede está aquí

Empanada de chocos

A blogger Emilia Santiago (http://www.cousasdemilia.com) comparte con nós esta receita que presentou no especial da TVG “O mellor choco do mundo”. Unha receita tradicional cun produto de primeira das nosas costas.

Choco á mugardesa

Presentamos unha receita de choco á mugardesa, facilitada por Juan Carlos Alonso (www.gastronomiaenverso.es), que nos explica paso a paso como elaborar este saboroso guiso mariñeiro.

Preparación

Limpamos ben o choco, retiramos as vísceras, peles principal e secundarias e as partes duras; lavámola moi ben con auga fría e reservamos.

Arroz con chocos de Redondela

Introducción

Unha receita tradicional e deliciosa: o arroz negro con chocos pescadeRías de Redondela. A súa peculiar cor e o seu profundo sabor a mar non deixarán indiferente a ninguén.

Elaboración

En primeiro lugar prepararemos un caldo ou fumet de peixe, unha hora antes de empezar coa receita. Para iso picamos finos o allo porro e a cenoria e cocémolos nun litro de auga, xunto coas dúas cabezas de peixe, durante unha hora. Unha vez feito, coámolo e reservámolo.

Atadiños de choco pescadeRías con crema de pataca

Sácanse da lata os chocos pescadeRías e envólvese cada choco pescadeRías en media tira de touciño entrefebrado. Mestúrase a tinta da lata con aceite oliva para obter unha vinagreta. Pásanse pola tixola a lume moi forte e resérvanse.

Nunha fonte póñense os chocos pescadeRías, acompáñanse do puré e decórase coa vinagreta de tinta negra.

Chocos confitados con raviolis de Fabas de Lourenzá

Elaboración

O día anterior, por a remollo as fabas de Lourenzá.

Dispoñer nunha pota, os filetes de choco pescadeRías, ben limpios, os dentes de allo , cubrindo todo con aceite. Deixámos confeitar a 65 ºC ata que o choco esté tenro. Reservamos.