Vostede está aquí

Muxo escabechado con allos tenros, rabaniños e alga wakame

O muxo é un peixe de boa calidade e un excelente sabor ao que acompaña unha inmerecida mala fama debido á súa presenza en portos e outras zonas próximas a núcleos urbanos. O que atopamos no mercado provén de augas abertas e podemos consumilo con todas as garantías.

Durante o showcooking organizado pola Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES) durante a última edición da Festa do Marisco do Grove, Francisco Caneda, responsable de cociña da festa e profesor de cociña, mostrounos como preparalo escabechado.