Vostede está aquí

Erizo de mar con crema tostada de ajopuerro y codium

A tempada de ourizos vai dende finais de ano ata o comezo do verán, cando empeza o desove. Nos meses da primavera acadan o seu maior índice gonadal polo que é o mellor momento para consumilos.

O chef Miguel González, ofrécenos esta proposta de preparación, que presentou no taller gastronómico “pescadeRías, de proximidade e con selo propio” durante a 20º Edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense, XANTAR.

Allobranco con ourizo de mar

Da man de Daniel Pulzoni, profesor de cociña do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, chéganos esta receita dun tradicional allobranco acompañado con ourizo de mar, que lle da un contraste perfecto de sabor e textura.