Vostede está aquí

Polbo fritido con conservas en vinagre

A chef Beatriz Sotelo presentou esta sinxela e saborosa receita durante as degustacións que tiveron lugar na XIX Festa do Polbo de Bueu. A foto do prato é de @chemagarciaseijo para www.bluscus.es.

Outro polbo á mugardesa

No Gastrobar O Birrán de Ribadavia, ofrecen cociña tradicional galega, á que lle dan un toque innovador. Nesta liña, a súa chef, EmmaPinal, fainos esta orixinal proposta de polbo á mugardesa co seu toque particular.

Arroz caldoso de polbo galego

Dende o blog de las cosas del comer proponnos “unha receita sinxela, coa garantía de calidade dos produtos que estamos utilizando e perfecta para desfrutar en familia ou con amigos”. Moitas grazas por compartila con nos e pola confianza nos nosos produtos.

Polbo á prancha con ali-oli

Dende o Restaurante A Centoleira, na praia de Beluso (Bueu), especializados en mariscos,  envíannos esta receita de polbo á prancha de fácil elaboración que luce ben bonita no prato. 

Polbo á feira

Poñemos ao lume unha ola con algo máis da metade de auga fría, cunha folla de loureiro e unha cebola. Cando comece a ferver escaldamos tres veces cada peza de polbo pescadeRías, meténdoo e sacándoo da auga para que non espelique na cocción e, cando a auga volva a ferver, deixámolo de 45 a 50 minutos sen levantar o tello da pota.

Páxinas