Vostede está aquí

Vieiras fritidas

Despóxanse da cuncha as vieiras pescadeRías, sálganse e engádeselles un pouco de pementa. Rebózanse en ovo e pan relado. Frítense en aceite de oliva ben quente e sérvense na mesma cuncha.

Vieira ao vapor de lima e xenxibre

Elaboración

Descascamos as vieiras pescadeRías.

Enchemos o fondo dunha pota con zume de lima e xenxibre relado e engadimos auga, facendo ferver a mestura. Con axuda dunha una reixa de cocción ou cesta, cociñamos as vieiras pescadeRías ao vapor durante 3 min. aprox. Retiramos.

Facemos a vinagreta mesturando todos os ingredientes, cortando en brunoise a alga wakame.

Presentación

Colocamos 1 vieira pescadeRías nunha cunca, salseamos cun chisco da vinagreta e rematamos cunhas escamas de sal Maldom.

Vieiras gratinadas

Introducción

Se algo chama a atención deste típico prato das Rías Baixas, ademais do feito de ser exquisito, é a facilidade coa que se prepara: non nos ocupará máis de media hora. Non podemos esquecer, como sempre, que a calidade da materia prima -neste caso tan emblemática que é símbolo do Camiño de Santiago- é condición indispensable para conseguir un óptimo resultado.

Elaboración

No caso de que as vieiras pescadeRías non veñan xa limpas, lavámolas ben, e deixamos a carne e o coral dentro da cuncha.

Mariñar de Vieira á mandarina con pemento de herbón (para 4 pax)

Introducción

Javier Rodríguez Ponte (Taky), Xefe de cociña de Catering Boketé de A Coruña e membro do grupo Nove ofrécenos esta receita.

Páxinas