FacebookTwitter

Frigorífica Botana, S.L.

Frigorífica Botana, S.L.

Frigobotana é unha empresa con ampla tradición na cidade de A Coruña.

Teñen un compromiso cos seus clientes; ofertar un produto de primeira calidade. A frescura da materia prima é un valor fundamental para conseguir ese obxectivo. Compran só produtos pescados no día, en contornas próximas á súa fábrica e controlando as calidades dos mesmos nos peiraos e a correcta realización dos transportes ata a chegada ás súas instalacións.

Conscientes de que tratan con alimentos, contan con múltiples controis nos procesos de recepción, produción, almacenamento e carga para velar polo mantemento das propiedades duns produtos que son seleccionados nas lonxas e nos barcos cuns estándares predefinidos. O seu compromiso co cliente é claro: o produto que recibe debe igualar ou superar as expectativas do produto ofertado.

Grupos biolóxicos certificables