Mar de Silleiro, S.L.

- Mar de Silleiro, S.L.
- - - Baiona Pontevedra
- info@grupokarman.com
- http://mardesilleiro.com/27-percebeiros/
Mar de Silleiro, S.L., comeza a súa andadura no ano 2006, buscando unha solución a un problema na xestión dos bancos do percebe. Déronse conta da limitación que supoñía a comercialización do percebe exclusivamente en fresco e así naceu a idea de conservalo. Por querer conservar o mar transformaron un problema nunha oportunidade.
Percebe, ourizo e algas son os ingredientes principais das súas delicatessen, en proporcións do 55% ou maiores, segundo a especialidade.
A carne do percebe é unha das máis apreciadas de todos os mariscos, polo seu intenso sabor a mar e tamén polo risco e dureza que entraña a súa captura.
O ourizo e as algas, collidos por mergulladores cualificados, aportan diversidade de notas mariñas, sabores e texturas ao padal.
A súa gama de delicatessen caracterizase polo seu exquisito e evocador sabor mariño, 100% natural, sen conservantes nin colorantes, e por ser unha importante “fonte de Omega 3”.