Manso Restaurante

- Manso Restaurante
- Avenida de Vilagarcía 21 15702 Santiago de Compostela A Coruña
- 881959657
- info@mansorestaurante.com
- http://www.mansorestaurante.com/
A cociña de Manso destaca por unha carta na que convive o clásico, baseada na tradición culinaria de Galicia, e o vangardista, a partes iguais. O alicerce fundamental é o produto de tempada, combinado co toque francés que achega a experiencia profesional de Alberto Lareo, chef do establecemento.
O restaurante, en pleno ensanche compostelán, dispón de dous espazos diferenciados: a zona bar, cun menú máis canalla e racións para compartir, e a sala superior, onde gozar da versión máis sofisticada da oferta gastronómica do establecemento, na que os vexetais tanto de marisma como de horto teñen un especial protagonismo.