Restaurante Praia de Quenxe

- Restaurante Praia de Quenxe
- Rúa Editor Francisco Porrúa, 3 15130 Corcubión A Coruña
- 981706457
- info@praiadequenxe.com
- http://www.praiadequenxe.com
Facendo honor ao seu nome, sitúase xusto enriba da Praia de Quenxe, en Corcubión. Na súa cociña entran cada día produtos de tempada directamente das lonxas e mercados da Costa da Morte, que chegan ao prato coa elaboración mínima necesaria para resaltar as súas bondades.
Conta con dous comedores, ambos con inmellorables vistas á praia, e ofrece a posibilidade de montar unha carpa no exterior con aforo para 150 persoas, perfecta para grandes acontecementos con arrecendo a mar.